Un concerto de música instrumental, de espazos longos, de escoita atenta.
Benxamín otero explora o son e crea a partir del e mediante a superposición de capas un espazo sonoro que convida ao oínte a percorrelo, a adentrarse nel. Utilizando o óboe, o corno inglés, a guitarra eléctrica, a caixa de música ou un sintetizador lyra 8, o músico recrea o mundo sonoro de imaxes poéticas que nos levan a navegar a carón dunha balea ou a asistir á aparición dunha aurora boreal.
Música en remanso de Benxamín Otero
Son poucos os momentos que temos para remansarnos, e non sobra dicir de novo que vivimos na aceleración a base de colmar o tempo con mil atencións, mil traballos, mil esquinas que dobramos, por iso cando caemos no esgotamento, inda o pensamento acelerado nos habita. A música tivo e ten unha función comunicativa esencial, e serve a moitos propósitos, tamén o de calmarnos, tamén o de abrir as portas da auga estancada, tamén o cabalo atende a mau cando non é inquisitiva e dura, tamén o cabalo escoita polo pelo.
Esta música descánsanos, despois de espertarnos
Celso Fernández Sanmartín
Rider técnico