Aurora e Aller

Peza musical inspirada no asombroso suceso que ocorreu a noite do 25 de xaneiro de 1938 en gran parte de Europa e tamén en Galicia, e na figura do astrónomo e párroco D. Ramón María Aller.

Aurora e Aller é unha peza instrumental composta e tocada por Benxamín Otero onde se mesturan os sons dun sintetizador analóxico Lyra 8, unha guitarra eléctrica Carvin, un corno inglés Marigaux e unha caixa de música programable.

O vídeo foi realizado na casa de D. Ramón Aller, onde estivo instalado o seu observatorio astronómico e que na actualidade é o museo de Lalín.