Antoloxía dos lugares da luz
Melania Cruz (voz) e Benxamín Otero (voz, óboe, corno inglés, guitarra, caixa de música)
a melodía, lenta
tamén deixa pasar a
luz
Antoloxía dos lugares da luz é unha viaxe, un percorrido no que transitamos textos onde se fala da luz e da sombra, habitamos os espazos que crean e facémolo a través da música e o recitado. A luz coma paisaxe, coma momento e lugar, coma asombro.
Unha proposta poética e musical coa actriz Melania Cruz e o músico Benxamín Otero con textos de Virginia Woolf, García Lorca, Chus Pato, Celso Fernández Sanmartín, Dores Tembrás entre outros.
Duración Aproximada: 50 minutos